Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezo de pretempada para o xuvenil do PRBFS

Burela 8-8-18. O Pescados Rubén Burela FS Xuvenil volveu onte ao traballo. O conxunto de Christian Fustes e Mario Pillado arrincou a pretempada con 19 xogadores: Luismi Nieto, Adilson Varela, Domingos Pinto, Bruno García, Jairo Ares, Aarón Artime, Heurickson Gomes, Renato Rodrigues, José Luis Vázquez, Álvaro Dorado, José Luis Villar, Hugo Manín, Xesús Fernández, Gustavo Henrique, David Méndez, Diego Eijo, Antonio Baltar, Jorge Quelle e Néstor Valle.

Antes do comezo de competición regular, previsto para o 15 de setembro, o conxunto laranxa, campión de Liga de División de Honra nas dúas últimas tempadas, terá como test de pretempada o Torneo de Valladolid Ciudad del Deporte (25 e 26 de agosto) e o III Torneo Burela Bonita (31 de agosto e 1 de setembro), este último xunto a Palma Futsal, Santiago Futsal e EDM Guitiriz.

Cadete e Primeira Galicia Feminina

A base laranxa tamén ten previsto o inicio de pretempada a vindeira semana para a categoría cadete e o equipo de Primeira Galicia Feminina.

Exit mobile version