Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia Burela pide que o goberno de Sánchez cumpla co tren na Mariña como se comprometeu Alfredo Llano

Burela 8-8-18. Coa moción de censura no Estado, remataron os viaxes de Alfredo Llano no tren da nosa Comarca e xa de paso tamén as reclamacións feitas a bombo e platillo. Como vimos denunciando dende CxG Burela, este político é un hipócrita oporunista, ó servizo dos seus e que pouco lle importa Burela.
Xa en decembro de 2016, facía públicas unha serie de peticións para que Renfe-Adif potenciase o uso do tren na Mariña. Peticións polas que aposta e respalda CxG Burela. Tras varias comparecencias en prensa, varios viaxes e fotos para o seu ego propio, podemos decir que o Sr. Llano non acadaou nada máis que case o desmantelamento completo do servizo. Grazas sr. Llano pola súa nula incidencia na política.
Para Compromiso a situación é máis grave se temos en conta que o responsable de este servizo público é o governo do Estado, agora xestionado polo PSOE. Dende que os socialistas están en Madrid o Sr. Llano olvidouse dos problemas da liña da antiga FEVE, e das súa peticións.
No relativo a Burela, dende CxG animamos ó Sr. Llano á utilización da súa “influenza” e traia a un dos seus repetidos viaxes o Sr. Ábalos e lle reclame con forza as súas inquedanzas, ás que dende CxG Burela lle pedimos que sume en relación á nosa vila, as seguintes:

Cesión para uso público dos terreos da estación de Burela, co fin de introducir a estación no deseño urbán con unha zona verde de disfrute dos veciños.
Valado completo da vía no paso polo Concello, hoxe temos zonas de risco.
Construcción dun apeadero no Campón para uso de estudantes e hospital.
Terminal de carga para distribución de productos de Burela.

Esperamos que o noso reivindicativo Alcalde disfrute de esta viaxe, e que lembre ó Sr. Ministro que Galicia tamén precisa de inversión, non só o Levante.

EXECUTIVA LOCAL DE CxG BURELA

Exit mobile version