Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado de UGT sobre Sargadelos

Santiago 24 de agosto de 2018. Ante a situación que se está a vivir na cerámica Sargadelos de Cervo, e ante acusacións contra UGT e a súa representante na empresa por parte da dirección da mesma UGT quere deixar claro o seguinte:
UGT é a maior interesada en conservar os postos de traballo e a actividade dunha empresa emblemática, que vai máis alá dunha simple empresa formando parte xa da historia da Cultura Galega e galeguista.
Como sindicato tócanos a defensa e a promoción dos intereses económicos e sociais dos traballadores, tal como recolle o artigo 7 da Constitución, por iso unha das nosas reivindicacións históricas e que os postos de traballo sexan con garantías e de calidade.
Desde dirección da empresa Sargadelos, a través de distintas informacións periodísticas, acusase a UGT e a súa representante Rogelia Mariña de demandar a empresa e a dirección cando a realidade é nin Rogelia Mariñá nin UGT interpuxeron ningunha demanda contra a empresa nin contra a súa dirección.
As acusación que se están a verter contra a representante sindical de UGT, Rogelia Mariña, carecen de todo fundamento, xa que nunca tomou unha iniciativa sindical sen antes consultalo co conxunto das traballadoras e traballadores. Queremos recordar que a compañeiras Rogelia, que leva 44 anos na empresa, foi condecorada e proposta no seu día para formar parte do Consello de Administración de Sargadelos, o que demostra sen lugar a dúbidas do carácter dialógante da compañeira, polo que toda acusación contra ela carece do máis mínimo fundamento. O único delito cometido, con orgullo, pola compañeira Rogelia é defender os dereitos das traballadoras e traballadores de Sargadelos que moitos doas dereitos conseguidos na empresa foron grazas a súa loita.
Agora ben, nin a compañeira Rogelia nin UGT(que é o sindicato máis votado polos traballadores e traballadoras) nunca van a mirar para outro lado cando a Inspección de Traballo ten 267 requirimentos contra Sargadelos. Agora mesmo é outro sindicato que con menos votos que UGT ostenta a maioría de representantes e que co seu silencio e sen unha mínima mostra de solidariedade ca compañeira Rogelia, da apoio a unha persoa que dirixe a empresa pensando que que vive no século XVII. Non se entende que non tendo a maioría da representación sindical, pero si en votos con unha maioría aplastante, todos os problemas e acusacións recaian sobre UGT e a compañeira Rogelia.
Se retrocedemos no tempo ,vemos que todo empeza no 2016 cando o Administrador único de Sargadelos impón unilateralmente o traballar 1/2 h. diaria máis sen remuneración, e nese debate decídese que será voluntario ,polo que a delegada de UGT Rogelia Mariña empeza a facer esa media hora demais, pero no momento que hai unha traballadoras sancionada e castigada por non facela, ela en solidariedade para de facer esa media hora de traballo é despedida, e como non podía ser doutra maneira presenta unha demanda por medio de seu Sindicato a cal gana. É nese momento cando empeza a inquiña contra ela por parte do Administrador único de Sargadelos, chegando a ameazar co peche da empresa si a compañeira Rogelia segue na empresa, intentando facer recaer sobre unha simple traballadora unha mala xestión de dirección empresarial.

Desde a Federación de Industria, Construción e Agro de UGT (UGT-FICA) un dos sindicatos máis antigos de Europa e que vimos de cumprir 130 anos non nos vai acovardar actitudes despóticas e chulescas, seguiremos defendendo os dereitos do conxunto dos traballadores e traballadoras, e neste caso dos de Sargadelos. Non imos a tolerar intimidacións contra a lexitima representante elixida en urna, coa intención de desprotexela dos seus dereitos e facer despotismo, machismo e malos xeitos o modelo de relacións laborais.

Mostramos a solidariedade do conxunto da Organización ca nosa representante compañeira Rogelia Mariña que é quen está a sufrir nas súas carnes estas actitudes.

Exit mobile version