Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado dos traballadores de Sargadelos

Cervo a 22 de Agosto do 2018. Un importante grupo de traballadores e traballadoras da planta de Sargadelos en Cervo, queremos manifestar publicamente o apoio á Dirección da Empresa no tocante as declaracións na súa contra que se están a facer por parte de políticos e sindicatos nos últimos días, por iso, ante as informacións vertidas polos medios de comunicación nos últimos días, que ao noso xuízo non se axustan á realidade do que está pasando, queremos facer constar a nosa opinión, que é a seguinte:

1.- Non existe ningún tipo de coacción nin presión por parte da dirección da empresa
2.- Non nos sentimos enganadas en relación as condicións laborais nas que desenvolvemos o noso traballo, cada unha de nós sabía de antemán as condicións, tanto económicas, como de calquera outro tipo nas que ía a traballar.
3.- Ante as acusacións lidas nas redes sociais sobre as axudas públicas recibidas por parte da empresa, este grupo de traballadoras solicitou da dirección este tipo de información, é, que a nós nos conste, a empresa non percibiu ningún tipo de subvención pública, nin autonómica nin estatal, nin para novas inversións nin para axudar a levantar a empresa despois da recente crise económica pola que pasou a compañía.
4.- Ase mesmo, queremos manifestar que, non nos sentimos representadas por dona Rogelia Mariña Pernas, nin por UGT, nin por ningún outro sindicato nin partido político que a día de hoxe está a sacar rédito da nosa situación. En ningún momento, ningunha destas organizacións se puxo en contacto con nós para saber de primeira man a nosa opinión, aos cales lles pedimos encarecidamente que deixen xa de verter falsas acusacións e de falar no noso nome, que o único que están a facer é botándonos a calle.
5.- No día de hoxe, iniciamos unha recollida de firmas entre os traballadores da planta solicitando aos representantes legais dos traballadores a convocatoria dunha Asamblea de Traballadores que teña como único punto da orde do día a revocación de doña Rogelia Mariña Pernas do seu cargo de Representación legal dos traballadores, xa que a maioría da plantilla que pretende defender non a eleximos no momento da súa elección.

Exit mobile version