Site icon Crónica3.com A Mariña

Cunha viaxe no tren turístico de Ribadeo e unha visita á contorna da illa Pancha rematou o programa Construíndo o Verán

Ribadeo, 13 de agosto de 2018. Rematou o programa Construíndo o verán, que organizou un ano máis a Concellaría de Servizos Sociosanitarios e Educación Familiar. Fíxoo cunha viaxe dos asistentes no tren turístico de Ribadeo, que despois visitaron a contorna da Illa Pancha.
Varias voluntarias e a educadora familiar municipal encargáronse de prestar un reforzo escolar durante a estación estival a unha quincena de nenos e nenas de primaria desde o pasado 5 de xullo. @s rapaces asistiron a este programa os martes e os xoves de 10:00 a 11:30 horas nunha aula cedida pola Escola Oficial de Idiomas.
A concelleira Sonia Meilán agradece “o traballo realizado polas voluntarias e pola educadora familiar, xa que sen elas non sería posible levar adiante este programa”. A edil ribadense tamén tivo palabras de agradecemento para a Escola Oficial de Idiomas “por cedernos a aula na que as nenas e nenos asistiron a esta nova edición de Construíndo o verán”.

Exit mobile version