Site icon Crónica3.com A Mariña

As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia realizaron hoxe unha actividade denominada A un paso do sendeiro

Os participantes fixeron unha ruta andando polo sendeiro azul, traxecto entre as praias A Marosa e Ril. Segundo explican desde Gaia “con esta actividade preténdese promover o uso do sendeiro para dar un paseo gozando o aire libre, como modo de recreación e diversión. Durante o traxecto fixemos varias paradas nos cantís e nas praias para observar a riqueza de especies de moluscos (a lapa ou lámpara) e crustáceos como os cangrexos, etc, que se poden atopar entre as rochas”. Os nenos e nenas, ataviados con cubos e esquileiros, pescaron algunhas das especies que despois foron devoltas ao mar.

Exit mobile version