Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Suárez deulle este domingo o seu apoio a un grupo de asturianos que viaxaron ata Ribadeo no tren de Feve para reivindicar un servizo de calidade. O rexedor considera que no futuro “deberamos facer aquí un encontro de Galicia e Asturias”

Ribadeo, 5 de agosto de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, acudiu este domingo a amosarlle o apoio de Ribadeo a un grupo de asturianos que viaxaron ata aquí no tren de Feve para reivindicar un servizo de calidade.

O rexedor contou que “no día da Gaita Galega en Ribadeo tamén tivemos tempo para recibir aos nosos amigos asturianos que se achegaron hoxe a Ribadeo no tren de Feve para reivindicar un servizo ferroviario de calidade propio do século XXI”.

Suárez Barcia díxolles: “contades pois co noso apoio e incluso nun vindeiro futuro deberamos facer un encontro reivindicativo de Galicia e Asturias en Ribadeo”.

Exit mobile version