Site icon Crónica3.com A Mariña

Festividade de San Roque reivindicativa para o colectivo de xubilados e pensionistas de Barreiros

Barreiros, 16 de agosto 2018. Na festividade de San Roque @s xubilad@s e pensionistas barreirenses volveron a concentrarse na praza do concello como cada xoves, acompañados coma sempre por pensionistas focenses.

O colectivo barreirense sigue a manifestar que as pensións siguen a perder poder adquisitivo continuamente, ademais de non subiren prácticamente nada, pois ainda que a alza aprobada neste exercicio dun 1,6%, queda moi lonxe da escalada que experimentou o IPC, debido maiormente á suba do prezo da enerxía eléctrica, que no caso de Galicia ainda é mais cara.

Os pensionistas seguirá saindo a rúa nos vindeiros xoves, según manifestaron, pois desde o novo goberno non se puxo ainda ningunha solución enriba da mesa, polo que creen necsario seguir defendendo a táboa reivindicativa na que se reclama a derrogación das reformas laborais, pensións non inferiores ao SMI e actualización das pensións en base ao IPC.

Exit mobile version