Site icon Crónica3.com A Mariña

“FOZ:76 ANOS DO PXOM ¡QUÉ PLAN, SEÑOR!”

O tema, sempre actual, que concita o interese dos veciños, é o referido ó planeamento do territorio municipal; asunto que reclama a atención e seguimento, no que se atopa inmersa boa parte da veciñanza, e tamén os chamados “representantes políticos” dos cidadáns; actitudes de veciños e políticos que non sorprenden, pois falamos do que puideran ser importantes decisións de futuro. Aquéles pola inquedanza da hipotética modificación ou alteración das posibilidades de uso e,polo tanto, do valor engadido ou minguado das respectivas propiedades; e os políticos porque a consideran oportunidade axeitada para amosar ós eleutores que son eles, e non “os outros”, os que loitan polos intereses veciñais e que as súas propostas, de ser aceptadas, serán as que salven das desfeitas dos “outros”.
O planeamento foi sempre cuestión peliaguda, e os responsabeis- gobernos e oposicións,- incapaces de arranxalo. Ésta é, cando menos, a experiencia acumulada a través dos anos. O cronista, vello na praza, non lembra xa cantos “intentos” van dende os tempos da súa adolescencia. No seu desordeado rocho garda un documento do ano 1942 – hai 76 anos – no que o plan barruntaba o posible dun urbanismo iniciático, mais racional e sensato pois no escrito lese: “ se está llevando a cabo el plano de población de la villa y los alrededores de Foz que, por su excelente posición topográfica, pueden hacerse ensanches y nuevos barrios que vayan marcando el progreso….”. Pero salta á vista que a historia non nos foi propicia; dende entón mais que ensanchar, estreitaron canto atoparon ó paso… Aquela sociedade, con un con arredor dun 20% de analfabetos, sequera barruntaba o posible dun trazado mais mais sensato, con visión de futuro; pero os que viñeron atrás (os “progresistas”, adxetivo ao que todos se adscriben) masacraron o verxel; mentes anquilosadas que deberían ter evolucionado, e non ser artífices da barbarie que nos distingue co feísmo mais procaz e insultante…!
¿Qué dirían hoxe, no 2018, os do 1942 á vista do feito?. Preguntamos:¿ Plan habemus ou, dentro de outros tantos anos, aínda coa intervención que a Xunta anuncia para os concellos que carecen de tan importante instrumento para o devir dos pobos, alguen lembrará a nova oportunidade perdida polos nosos gobernantes que , en tan longo período, en solitario ou ´´comandita´´ foron de tódolos cores …¡qué Plan, señor..!

Exit mobile version