Site icon Crónica3.com A Mariña

García Porto e Loureiro García inauguraron este sábado a XXII Feira do Libro de Viveiro

Viveiro 11-8-18. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, inauguraron este sábado, nos Xardíns de Noriega Varela en Viveiro, xunto con outras autoridades, a XXII Feira do Libro que promove o Executivo Provincial con 3.000 euros. A programación de este ano inclúe máis de 20 actividades e 8 casetas de librerías entre as que se encontran un stand da Deputación con publicacións editadas polo organismo provincial, a Librería Pedrería, AENEA, Libraría Cortizas, Libraría Cartabón, Porta da Vila, Seminario de Estudos Terras de Viveiro e Libraría Nobel Burela, todas elas ofrecen un desconto do 10% en todos os libros durante os 5 días que dura a feira. O horario será de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. Os fines de semana e festivos o peche será ás 14:30 horas, exceptuando o primeiro día, que abrirá tamén en horario de tarde.
Na programación deste ano destacan actividades como 6 sinaturas de libros, 12 presentacións de novidades editoriais, así como obradoiros infantís ou narracións para bebés.

Exit mobile version