Site icon Crónica3.com A Mariña

García Porto inaugurou a Feira do Libro de Foz, promovida polo Goberno da Deputación

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o Alcalde de Foz, Jorge Javier Castiñeira, xunto con
outras autoridades, inauguraron na Praza do Conde Fontao do municipio mariñán, a Feira do Libro que
promove o Executivo Provincial con 3.000 euros. A programación deste ano inclúe preto de 20 actividades, como sinaturas de libros, presentacións editoriais, concursos e sorteos de libros. Conta cun total de 8 casetas de librerías que ofrecerán un 10% de desconto en todos os exemplares á venta. Ademais, a Deputación tamén conta cun stand con publicacións editadas polo organismo provincial.

Exit mobile version