Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran afluencia de xente no Día de Mondoñedo en Foz, este pasado venres

Coa presenza da alcaldesa de Mondoñedo; Elena Candia, o alcalde focense; Javier Jorge Castiñeira e unha nutrida afluencia de público, a tarde comezou cunha charla-coloquio de Xesús do Breogán e Rubén Leivas cun extenso relatorio acerca dos lazos históricos que unen a ambos pobos. Ao finalizar o acto o grupo da escola de gaitas de Mondoñedo iniciou un pasacalles que animou as rúas de Foz e os establecementos colaboradores. Ás 22 horas o grupo “SONS VARADERO” fixo as delicias dos asistentes nun concerto cun amplo repertorio de boleros, habaneras, rancheras e canción popular coa que se pechou un día emotivo para as xentes de estes dous grandes concellos da mariña.

Exit mobile version