Site icon Crónica3.com A Mariña

III Festival Músico-Vocal Arcadio Mon

O Valadouro 17-8-18. O vindeiro venres, 7 de setembro, ás 20,30 horas, na Praza de Santa María de Ferreira do Valadouro, organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro e patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo e o Concello do Valadouro, celebrarase o II Festival Músico-Vocal “Arcadio Mon”.

Nel actuarán artistas como Toni Cazás, Marga Gutiérrez, Pila, Chingla, Joe Carey e José Anido.

Tamén se celebrará o Terceiro Certame para novos Talentos Musicais, no que poden participar todos os rapaces e rapazas de menos de 20 anos, tanto cantando como tocando algún instrumento musical. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados e premios de 300 euros (1º Premio), 200 euros (2º Premio) e 100 euros (3º Premio). Os interesados poden inscribirse no correo peinoster@gmail.com ou ben no teléfono 619389997.

Exit mobile version