Córgomo Arte é un proxecto que nace dunha necesidade, da de atopar un espazo de expresión para a arte, un lugar onde a liberdade creadora se atopase libre de ataduras, onde fose xenuina. O tema escollido para esta nova edición discorre nesta mesma liña de pensamento. “ABISMOS, ENTRE A SOMBRA E A ALMA” xurde dun verso dun poema de Pablo Neruda e dalgunha maneira expresa esa paixón irracional necesaria para a creación artística. Queremos avanzar na proposta presentada o ano pasado e continuar espindo a arte de artificios. Nesta convocatoria queremos convidarvos a reflexionar sobre o que somos como individuos, buscar esa verdade que reside no noso eu máis fondo, entre a sombra e a alma, oculta entre as moitas capas de apariencia coas que nos cubrimos ante a imposición do “que deberíamos ser”. A arte non é máis ca un producto desa diverxencia interna e queremos que neste certame a arte se presente como unha manifestación dese eu verdadeiro, unha revelación apaixoada do ser, a arte como verdade, como unha liberación irracional dos instintos.
Na mostra poderemos disfrutar das obras de:
Manuel Conde (Córgomo)
Victorino Núñez, “Torino” (Carballal de Petín)
Patricia Arellano (Burela)
Cristina Basanta (Viveiro) e Lu Vila (Barreiros)
Martín Lestao (Burela)
Patricia Fernández Paz (Chantada)