Site icon Crónica3.com A Mariña

Martín Cal é o gañador do II Certame Internacional de pintura mural Amarte, que se desenvolveu estes días en Burela

Burela, 5 de agosto de 2018. Martín Cal, de Ortigueira, é o gañador do II Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que se desenvolveu estes días en Burela. Esta mañá deuse a coñecer o fallo do xurado e foron entregados os correspondentes agasallos. Martín Cal recibe un premio de 1.200 euros mais trofeo.
O 2º premio foi para Marcos Pereira, de Lugo, que obtén 600 euros mais trofeo. Este rapaz gañou a primeira edición deste certame. E o 3º premio foi para Delio Rodríguez, de Vigo, que recibe 300 euros e tamén trofeo.
O premio ao mellor artista local foi para Hipólito Xeada, que recibiu de mans do hotel Nordés 300 euros.
Os outros seis artistas non premiados, que participaron no II Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, reciben 100 euros cada un. O edil de Cultura, José Díaz, dixo que “para mi los ganadores son todos. En esta segunda edición participaron 10 finalistas, que hicieron muy bien sus obras, pero luego hubo que elegir a cuatro. Pero insisto, para mi son todos ganadores”.
O concelleiro burelés quixo “felicitar a Alfonso Otero Regal, el artista invitado este año, por la obra de cerámica que nos dejó también en el muro del puerto, como muestra del trabajo que realiza”.
No acto de entrega de agasallos participaron o pregoeiro da Feira do Bonito 2018, Fernando Romay, o alcalde, Alfredo Llano, o edil de Cultura, José Díaz, e a deputada mariñá Mayra García.

Exit mobile version