Site icon Crónica3.com A Mariña

Mércores de natureza: Kayaks polo Río Sor

Rematan os mércores de natureza que tiveron como sempre unha moi boa acollida entre os turistas e mesmo moita xente da comarca. Nesta ocasión será unha baixada do Río Sor, onde se poderá gozar de espacios tan bonitos como as Ribeiras do Sor e a súa área recreativa, a Illa de San Martín e o lugar de Creximil, as pontes sobre o Río Sor, O Barqueiro e o Porto do Vicedo. O punto de encontro será o peirao do Vicedo ás 18:30h e desde alí desprazarémonos en vehículos da empresa dos kayaks ata as Ribeiras do Sor, onde partirá a ruta. Iremos descendendo ata rematar, 2 horas despois, no peirao do Vicedo Prezo: 17€ por persoa (Inclúe transporte ata o punto de inicio, equipo de seguridade e acompañamento con guía). Inscrición no 982 59 01 95

Exit mobile version