Site icon Crónica3.com A Mariña

Mércores de natureza: Sendeirismo polo Río Sor

O Vicedo 20-8-18. Este mércores toca unha actividade de sendeirismo pola beira do Río Sor, unha ruta duns 11 km que se iniciará en Ponte do Porto (Parroquia de Riobarba) e baixará río abaixo ata chegar a Morgallón (parroquia de Negradas). O punto de encontro será a Casa da Cultura do Vicedo ás 10h do mércores 22 e desde aí desprazarémonos en autobús gratuito ata o punto de saída. Máximo 50 prazas, anotacións no 982 59 01 95. A ruta percorre un bo tramo do Río Sor e nela poderanse ver varios refuxios de pescadores, a ponte colgante, antiga telesilla, presa de retención e finalizarase cunha espectacular vista sobre o Río Sor desde Morgallón.
Esta ruta percorre tramos de 2 rutas homologadas pola Federación Galega de Montañismo, a PR-G 212 (Ponte do Porto-Ponte Ulló) e a PR-G 8 (Morgallón – Río Sor)
Ademais desta actividade haberá outras durante toda a semana: O mesmo mércores ás 20:30h na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar a presentación do libro Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro, de Vicente Míguez Salgueiro e Carlos Nuevo Cal
O xoves 23 ás 22h o karaoke de verán na terraza da Casa da Cultura, unha actividade xa clásica tamén no verán do Vicedo.
O venres 24 partir das 19h na Casa da Cultura: torneo de ping pong para
adultos, premios para os 3 primeiros clasificados.

Exit mobile version