Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova concentración de pensionistas en Barreiros

Barreiros 30-8-18. Está rematando a época veraniega, e de momento nada se fixo a respecto das pensións. Sólo declaracións de boas intencións. Como puidestedes ver, nós non collimos vacacións nas nosas reivindicacións, aquí seguimos desde o mes de marzo, porque as únicas batallas que se perden son aquelas que non se dan.

Coma cada semana aportamos datos que normalmente non saen moito nos medios de comunicación, por exemplo que unha pensionista ou un pensionista galegos cobrou case 150€ menos ao mes que un do resto do Estado no último ano. A pensión media en Galicia é de 809,90€, (en Barreiros non chega nin a eso), mentras que a pensión media a nivel estatal está en 956,42€. A pensión media estatal por xubilación (sen contar incapacidades, viuvez, orfandade e outras) está en 1.102,38€, algo polo momento impensable para os 762.060 pensionistas que somos en Galicia.

Hai un dito entre moitos turistas que nos visitan que é “aquí hay marisco baratísimo”. Claro¡¡ os prezos cada quen analízaos desde o punto de vista do seu poder adquisitivo, e as nosas pensións de 600 ou 700 euros tenen moi pouco poder adquisitivo, igual ca os nosos salarios. Aquí o que temos desgrazadamente, son “pensións baratísimas”. Ou dito doutra maneira: @s pensionistas galegos saímoslle moi baratos ao Estado Español.

E as palabras pronunciadas en días pasados pola ministra de traballo tampouco son nada tranquilizadoras, pois ainda que dixo que estiveramos tranquilas, que as pensións tiñan un futuro “halagüeño”, tamén recordou que ainda que o número de altas e cotizantes á Seguridade Social medrou, o número de ingresos non medrou. E esto ocurre porque os traballos cada vez son mais precarios, mais temporais, e polo tanto cotízase menos. Polo tanto, o que tén que facer este goberno (o outro non o quixo facer) é derrogar as reformas laborais que precarizaron o traballo e as condicións laborais e a correspondente merma de ingresos para a caixa da Seguridade Social.

Por eso seguimos e seguiremos coa nosa táboa reivindicativa:

– derrogación das reformas laborais
– aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores
– pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional
– recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos
– establecer a actualización anual das pensións en base ao IPC
– blindaxe do sistema público de pensións
– pensións dignas e con poder adquisitivo

Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros

Exit mobile version