Alfoz 3-8-18. Dende o Partido Popular de Alfoz non entenden a pasividade de este servidor público ante os problemas que aparecen nun dos servicios públicos mais importantes nesta época do ano para os veciños e visitantes, principalmente para os mais pequenos, como é a piscina municipal
No pasado pleno do 27 de xullo fixeronlle un rogo no que se lle pedía que se preocupase en atallar o problema que causaba a aparición de carrachas nas instalacions da piscina, da que se sabia que fixera caso omiso, pois a sua resposta cando llo puxeron en coñecemento os traballadores foi “que poñan unha toalla” algo que como lle dixeron naquel momento, era unha resposta que mais ben parecía unha burla aos usuários .
Hoxe primeiro dia das “festas dos choferes”, ante a fin de semana mais concorrida do ano e en pleno mes de agosto o problema sigue presente, as indicacións que se daban por parte do persoal de socorrismo ao entrar no recinto era que empregasen esprai antimosquitos para repeler a picadura das carrachas, o que indica que non se tomou ningunha medida ao respecto.
Esta actitude do rexedor alfocense parece que e a de unha persoa que non está ao nivel que se merecen os veciños de Alfoz.
Cabe destacar a nivel sanitario, que o perigo que pode ter a picadura destes arácnidos parasitiformes e moi elevado, pois ademais do alto risco de infección e alerxia que poden causar, algunhas espécies desta familia son vectores de perigosas enfermidades de transmisión sanguínea.