Site icon Crónica3.com A Mariña

O balón volve rodar para as burelistas

Burela 21-8-18. O cadro de Julio Delgado e Lucas comezou os adestramentos de pretempada onte pola tarde en Vista Alegre. Xunto ás 11 integrantes do vestiario do Pescados Rubén Burela FS, tamén compartirán as sesións de comezo as xogadoras do Comarcal A Fervenza FSF Cris, Lucía, Claudia e María.
Jozi, Dany, Cilene, Cami, Jenny, Lara, Ana Romero e Bea Mateos, coas novidades de Cris, Peque e Luci, estrearán a axenda de pretempada con Copa Galicia, antes de clausurar o mes de agosto. O encontro, de fase de grupos, para o mércores 29, fronte ao Fisober FSF, de Autonómica (Dumbría, 20.30 horas).

Exit mobile version