Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG en Burela solicita ao alcalde unha xunta de portavoces para que informe das xestións feitas para o novo pavillón

Burela 21 de Agosto de 2018.-Este martes, o BNG rexistrou no concello de Burela solicitude para que o alcalde, Alfredo Llano, convoque xunta de portavoces e explique os trámites e as xestións feitas polo goberno local en relación á construcción dun novo pavillón.
Débese lembrar que esta foi unha iniciativa do BNG tanto no concello de Burela coma na deputación de Lugo, con compromisos acadados en sesións plenarias. Según o voceiro do BNG “tivemos que solicitar unha copia da memoria da que se está a falar; o PP supoñemos que se fixo con ela utilizando as institucións coma de costume, pero nos tivemos constancia da existencia de tal documento pola prensa xa que ninguén nolo fixo chegar, o cal nos parece unha falta de respeto, posto que este documento debería ser posto en coñecemento dos grupos municipais”.
Continúa Mario Pillado decindo que “o alcalde debe dar explicacións da reunión que mantivo coa Secretaria Xeral para o Deporte, posto que a nos a memoria elaborada parécenos insuficiente, máis cando se comprometeu á redacción dun proxecto e á obtención dos terreos, sobre os que de momento so temos fotos e propaganda”
Dende a fromación nacionalista cren que esta será unha boa oportunidade para clarexar qué pasos se deron ata agora e cal é a planificación, se existe, que o equipo de goberno ten feita para seguir traballando pola consecución dun novo pavillón para Burela. Pillado salientou que “a ver se dunha vez por todas o alcalde se pon a traballar e deixa de facerse fotos para as notas de prensa que non serven para avanzar. Nós cremos que o principal é que se faga o acordado en cuestión de proxecto e terreos, por iso esiximos ó señor Llano que nos dé información do feito ata o de agora e do que ten pensado facer nun futuro”
Para os nacionalistas, PSOE e PP deben cumplir con Burela e deixarse de leas estériles
Por último, rematou o voceiro do BNG “esperemos que a partir desta Xunta de Portavoces o PSOE e o PP deixen as súas habituais leas e de pensar nos seus intereses partidistas para traballar polo interese da veciñanza nun ámbito tan crucial coma este”

Exit mobile version