Site icon Crónica3.com A Mariña

O colectivo de pensionistas de Barreiros contínúa coas mobilizacións, anima a secundalas e propón sumar e coordinar esforzos entre os colectivos mariñaos para frear o desmantelamento do sistema público de pensións

Barreiros, 2 de agosto 2018. Outro xoves mais, e como venen facendo ininterrumpidamente desde o mes de marzo, o Colectivo de xubilad@s e Pensionistas de Barreiros volveuse a concentrar na praza do concello en demanda de pensións dignas e con poder adquisitivo.
Para @s pensionistas barreirenses, aos que hoxe acompañaban tamén membros do colectivo de xubilad@s focense, é necesario seguir saindo á rúa, tamén no mes de agosto, pois “é bon recordarlle ao goberno que tén que cumplir o que durante tantos meses vimos exixindo” manifestaron, e recordaron tamén que os atrasos que agora se van a pagar son benvidos pero nada tenen que ver co que están demandando, que según el@s será co que se teña que poñer o goberno no mes de setembro: derrrogación das reformas laborais, aprobar unha nova lexislación que restitúa os dereitos perdidos, pensión mínima non inferior ao SMI, recoñecemento da xubilación ordinaria aos 65 anos, e actualización anual das pensións en base ao IPC, todo esto para blindar o Sistema Público de Pensións.

Suba da luz. Outra carga mais para @s pensionistas

Tamén se fixeron eco da nova carga que vai supoñer para as debilitadas pensións a nova suba da luz coa que as compañías eléctricas van gravar aos consumidores galeg@s, 37 millóns de euros en Galicia, que venen sendo 15,75€ a cada consumidor/a por enriba do alto prezo que pagan xa.

Mais mobilizacións

O colectivo barreirense anuncia que seguirá mantendo as concentracións todos os xoves, ao igual que fan noutras localidades da Mariña pensionistas de Foz, Mondoñedo, Lourenzá, Ribadeo…..E nese sentido animan a todos os mariñáns, xubilad@s ou non, a mobilizarse para defender as pensións de hoxe e as do futuro. Desde Barreiros avogan por sumar e coordinar esforzos para facer frente conxuntamente todos os colectivos mariñaos, ao desmantelamento do Sistema Público de Pensións por parte do Estado.

Exit mobile version