Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela ofreceu unha recepción a Martiño Río tras proclamarse campion de España de boxeo amateur. no acto participaron o alcalde e o edil de deportes

Burela, 24 de agosto de 2018. O Concello de Burela ofreceu este mediodía unha recepción a Martiño Río, que ven de proclamarse campión de España de boxeo amateur. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, subliñou que o deporte local goza de boa saúde e que está a servir para promocionar a marca Burela.
O edil comentou que “no Concello de Burela fixémoslle unha recepción a Martiño Río, que ven de proclamarse campión de España de boxeo amateur. É un chaval de Burela que agora mesmo está practicando boxeo, leva dous anos consecutivos conseguindo o campionato de España amateur de boxeo, o que lle vai dar ao mellor posibilidades incluso de poder optar a estar nunhas olimpíadas, que é un dos seus obxectivos”.
Ramiro Fernández salientou que “tanto parta min como para o alcalde e o equipo de goberno é un orgullo poder facer este acto de entrega dun detalle para que teña un recordo tamén do Concello de Burela. Esperamos que Martiño siga evolucionando e practicando o deporte do boxeo, que é minoritario pero non por iso menos importante que o resto”.
O concelleiro de Deportes engadiu que “a saúde do deporte de Burela, como podemos comprobar, está moi ben. Para nós é un orgullo ter todos estes éxitos deportivos que tivemos este ano. Esperamos que o deporte de Burela nos siga dando alegrías, tamén é unha maneira de promocionar a marca de Burela polo mundo adiante e estamos moi satisfeitos e moi orgullosos de como se vai desenrolando este ano 2018 en canto ao deporte en Burela”.
No acto celebrado este mediodía no Concello participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey.

Exit mobile version