Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo vén de clausurar o programa Avívate que tivo como actividade principal un curso gratuíto de monitor de tempo libre

Cervo, 20 de agosto de 2018.- O Concello de Cervo, vén de clausurar o programa Avívate en Cervo II, dirixido á Xuventude, aos mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.
O programa tivo como actividade principal un curso gratuíto de monitor de tempo libre, pero tamén se complementou con diferentes cursos e unha comida de convivencia.
Os cursos de primeiros auxilios e de manipulador de alimentos complementaron a actividade principal do curso que era a do curso de monitor de tempo libre.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Xuventude, Dolores García Caramés, quixeron compartir o último día de convivencia cos alumnos e felicitalos polo traballo desenvolvido a diario durante os case dous meses que durou o curso e sinalou que “dende o Concello de Cervo, neste caso a través da delegación de Xuventude, traballamos para tentar ofrecerlles aos mozos todas as ferramentas que temos na nosa man, para complementar e dirixir a súa formación programando diversas actividades que cremos que constituirán un apoio importante para o seu futuro e desevolvemento persoal e profesional, nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.
O rexedor sinalou que tanto os alumnos como os monitores “trasladáronnos que se cumpriron os obxectivos marcados, e que recibiron a formación necesaria para participar en campamentos, nas diferentes actividades socioculturais que se programen, en obradoiros…; “algo que nos satisface e nos anima a programar unha nova edición de cara ao vindeiro verán”.

Exit mobile version