Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo vén de reforzar o dispositivo de socorrismo coa adquisición dunha táboa de salvamento

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto e a de Sanidade, Mali Méndez, estiveron vendo a nova equipación cos socorristas da Praia do Torno. Trátase dunha táboa inchable; o seu deseño ergonómico con liñas de suxeición ao longo da táboa e especialmente nos extremos, fan dela un instrumento eficaz para o socorrismo acuático; facilita, ademais, o labor preventivo e de vixilancia do socorrista, aumenta a velocidade de aproximación á vítima no lugar do incidente, mellora as técnicas para control de vítimas conscientes e inconscientes, axiliza o traslado acuático, reduce a contaminación da contorna mariña e incrementa a disponibilidade inmediata do material para o rescate.

Exit mobile version