Site icon Crónica3.com A Mariña

O entroido focense promocionarase este sábado, cun acto que se celebrará no Foz Market coa actuación da comparsa Sin Xeito

Foz, 17 de agosto de 2018. O Entroido focense será promocionado mañá, sábado, cun acto organizado polo Concello que se celebrará na feira Foz Market a partir das oito da tarde e no que actuará a comparsa local Sin Xeito.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “é unha oportunidade estupenda para poder mostrar que en Foz hai moitísima actividade tamén en inverno. No verán queremos tratar de desestacionalizar e neste caso queremos promocionar o Entroido. Como ben sabemos, é un dos mellores de Galicia e dentro do stand que ten o Concello no Foz Market, ademais da mostra de folletos e cartelería turística, este ano enfatizaremos no Entroido, para que toda a xente que veña agora en verán saiba que aquí tamén ten outra data interesante a ter en conta, que é o noso Entroido. Haberá ademais diferentes actuacións”.
O rexedor municipal engadiu que “este sábado, 18 de agosto, ás oito da tarde a comparsa gañadora do Entroido pasado, Sin Xeito, fará unha demostración no Foz Market e mostrará á xente como se vive o carnaval en Foz. Grazas ás Sin Xeito por esta colaboración e esperemos que isto sexa unha porta aberta en Foz Market para que todas aquelas comparsas que queiran participen nun día de homenaxe ao Entroido. É unha forma de promocionar o pobo nunha época como esta, con moitísima afluencia de público na nosa vila”.

Exit mobile version