García Porto avanzou que “son un total de 11 demostracións cunha ampla variedade, na que se inclúe coiro, forxa, serigrafía, cestería e torno de madeira. Os veciños que se acheguen poderán desfrutar da recreación en vivo de distintos oficios, unha iniciativa coa que contribuímos á posta en valor da artesanía e dos produtos autóctonos da provincia”.
O calendario das demostracións de artesanía para o mes de agosto é o seguinte;
O 5 de agosto de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas no espazo natural de Penas de Rodas. Haberá unha demostración de cestería a cargo de María del Carmen Otero Folgueira, que se enmarca dentro da programación da XXXVIII Romaxe Penas de Rodas.
O 9 de agosto ás 16:00 horas haberá unha demostración de forxa no polideportivo municipal de San Román en Cervantes, a cargo de Victor Uriz Carreiro, esta actividade enmárcase dentro da programación do Sétimo encontro de Artesanía e Produtos Típicos que coincide coas festas patronais da vila.
O 11 de agosto de 11:00 horas a 14:00 horas haberá unha demostración de cestería na Praza dos Campos en San Cibrao, a cargo de María del Carmen Otero, actividade que se enmarca na programación da XXXIII Maruxaina.
O 12 de agosto de 10:00 a 14:00 horas haberá unha demostración de serigrafía no recinto feiral de Castroverde, a cargo de Julieta Vargas García. Trátase dunha actividade que se enmarca na programación da XIII Feira de Artesanía e Gastronomía. Este mesmo día tamén se celebra a XXIII Feira da Rosca en Sober dentro desta programación encóntrase a demostración de cestería a cargo de María del Carmen Otero Folgueira, que terá lugar de 10:00 a 14:00 horas, no parque do Concello. Tamén se celebra en Samos a Feira de Produtos Artesáns onde haberá unha demostración de cestería no campo da feira da vila a cargo da artesá María del Carmen Otero Folgueira.
O 15 de agosto haberá nos xardíns Noriega Varela de Viveiro a demostración de Forxa a cargo de Victor Uriz Carreira de 17:30 ata ás 21:30 horas. Unha actividade que se enmarca dentro da programación da Feira de Artesanía que se celebra dos días 10 ao 19 de agosto.
O 18 de agosto celébrase en Quiroga a Feira Qui-Roma e dentro da súa programación encontramos a demostración de coiro a cargo de Isabel Novo Barreiro, que terá lugar a partir das 11:00 horas na Praza Maior da localidade.
O 24 de agosto haberá unha demostración de Coiro a cargo de Isabel Novo Barreiro, a partir das 16:30 na carballeira do Mosteiro de Pol. Esta actividade enmárcase dentro da Festa do Emigrante que se celebra no municipio.
O 25 de agosto haberá unha demostración de coiro marroquinería a cargo de Jose Ramón Lleó dentro do VIII Desembarco Normando de Foz. Este mesmo día haberá unha demostración de Torno de madeira en Chantada a cargo de David Doral García.