Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación promove máis de 309 actividades culturais en 57 Concellos

Lugo, 10 de agosto de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, informou que o Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno 309 axudas a entidades culturais para financiar outras tantas actividades de carácter cultural en 57 municipios lucenses, cun valor total de 280.000 euros da Deputación. Trátanse das axudas que o Goberno Provincial puxo á disposición do tecido asociativo lucense en réxime de concorrencia competitiva no 2018. Son colaboracións que van dende os 300 aos 1.400 euros.

Nos próximos días trala súa publicación no BOP, todas as entidades beneficiarias poderán xustificar as súas axudas ata o 31 de marzo de 2019. Habilitarase na web da Deputación www.deputacionlugo.gal un espazo con toda a información e a documentación a complementar.

García Porto puxo en valo que “nesta anualidade, todas as asociación que presentaron a documentación en tempo e forma a súa solicitude, reciben fondos da Deputación para a celebración de actividades, co fin de incluír a todas e cada unha das entidades que solicitaron axuda á Deputación”.

A Deputada lembrou que “dentro da nosa aposta por converter a de Lugo nunha Deputación social, rural e coas persoas, na concesión das mesmas tivéronse en conta cláusulas sociais para favorecer a celebración de actividades en núcleos rurais, dinamizándoos socialmente; así como para primar as programacións dirixidas aos colectivos máis vulnerable, como, por exemplo, a persoas con capacidades diferentes ou maiores”.

Outros dos criterios sociais que se tiveron en conta para a concesión destas axudas, que se distribuíron con criterios obxectivos, foron territorial e poboacional, o impacto e repercusión da actividade cultural entre a sociedade ou o fomento da cooperación entre as distintas asociacións culturais.

Colaboracións para promoción cultural, obradoiros, concursos ou campamentos
Algunhas das actividades subvencionadas ao abeiro desta programación en impulso da cultura na provincia son: para a Escola de Música de Antas de Ulla para celebrar o campamento musical; para o Colectivo Cultural Ollomao para a realización de obradoiro infantil e animación á lectura; para a celebración da Mostra Tradicional de Begonte da Asociación Veciñal Dos Milagres de Saavedra; para a Asociación de Axuda ao enfermo mental da Mariña para actividades da Aula de Cultura; en Chantada, para o Folión de Carros; en Cospeito para os xogos tradicionais que organiza XOTRAMU; na Fonsagrada para a Festa Cultural do Acordeón; no Concello de Foz para o Encontro das Corais; en Guitiriz para o Festival de Pardiñas con Xermolos; no Incio para o Festival Terra Brava; en Láncara para o Premio Ramón Piñeiro; en Lourenzá para ANPA do Colexio “Juan Rey” para obradoiros de xogos; para a Festa da Malla de Meira; para o concurso de Tapas de Mondoñedo; en Monforte de Lemos para o Festival do Paradiso; na Pastoriza para o Concurso de redacción xornalística “Mariña Folgueira”; en Pedrafita para a promoción cultural da Montaña de Lugo; en Pol para a Festa Leña Verde; en Quiroga para a organización da Festa castrexa; en Ribadeo para o obradoiro de baile con Xabier Iglesias; para a organización da Foliada dos gaiteiros do Riotorto; en Sarria para o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño; en Vilalba para a Escola de Musica; en Viveiro para ASPANANE para o programa de sensibilización no ámbito educativo; en Xermade para Invernada de cine, e en Xove para o Festival Infantil.

Distribución por zonas
A distribución das 309 axudas a entidades culturais para financiar outras tantas actividades de carácter cultural en 57 municipios lucenses, cun valor total de 280.000, por comarcas son:

Na Mariña, concedéronse 60 axudas a outros tantos colectivos socias por valor de 55.700 euros dos seguintes 14 Concellos: Alfoz (1 asociación); Barreiros (3 asociacións); Burela (2); Cervo (7); Foz (15); Lourenzá (3); Mondoñedo (11); Ribadeo (1); Riotorto (5); Trabada (1); O Valadouro (2); Ourol (1); Viveiro (7); e Xove (1).

– zona Lugo , concedéronse 95 axudas a outros tantos colectivos sociais por valor de 82.000 euros dos seguintes 6 Concellos: Castroverde (2); O Corgo (4); Friol (2); Outeiro de Rei (4); Rábade (2); Lugo (81).

– na Comarca de Sarria concedéronse 19 axudas a outros tantos colectivos sociais por valor de 17.000 euros dos seguintes 6 Concellos: O Incio (3 colectivos); Láncara (3); Paradela (1)); Samos (1); e Sarria (10 colectivos); Triacastela (1).

– na Comarca da Ulloa concedéronse 13 axudas a outros tantos colectivos sociais por valor de 12.900 dos seguintes 3 Concellos: Antas de Ulla (7 colectivos); Monterroso (4); Palas de Rei (2 colectivos).

– na Montaña concedéronse 23 axudas a outros tantos colectivos sociais por valor de 22.000 euros dos seguintes 10 Concellos: Baleira (1 colectivo); Baralla (4); Becerreá (1); Cervantes (5); Folgoso do Courel (2); A Fonsagrada (4); Negueira de Muñiz (1); As Nogais (3); Pedrafita do Cebreiro (1); Ribeira de Piquín (1).

– na Terra Chá concedéronse 54 axudas a outros tantos colectivos por valor de 49.600 euros dos seguintes 9 Concellos: Begonte (5); Castro de Rei (7); Cospeito (4); Guitiriz (2); Meira (5); A Pastoriza (3); Pol (4); Vilalba (19); Xermade (5).

– En Chantada concedéronse 45 axudas a outro tantos colectivos por valor de 41.400 euros dos seguintes 9 Concellos: Bóveda (2); Chantada (12); Monforte de Lemos (17); Pantón (3); A Pobra do Brollón (2); Quiroga (4); Ribas de Sil (3); O Saviñao (1); Sober (1).

Exit mobile version