
Mondoñedo, 14 de agosto de 2018.- O equipo de Goberno do Concello de Mondoñedo agradeceu hoxe o investimento de máis de 200.000 euros á Xunta e os preto de 50.000 da Deputación para o desenvolvemento do obradoiro de emprego que permitiu a posta en marcha dos traballos de recuperación do Mirador de Mondoñedo. Foi durante o acto de entrega dos diplomas aos participantes neste obradoiro que se celebraba esta mañá na Casa Consistorial.
A alcaldesa, Elena Candia, explica que este proxecto supón “o primeiro paso para corrixir a inadmisible situación de abandono na que a Deputación Provincial de Lugo mantiña esta infraestrutura”.
Candia asegura que “temos que recuperar este espazo, que a pesar de ser propiedade da Deputación, é patrimonio de tódolos mindonienses”.