Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña pola Igualdade e a Asociación Mulleres Deportistas Galegas organizan o próximo 15 de setembro, na sala multiusos do Museo Provincial de Lugo, as I Xornadas Mulleres e Deporte: Rachando cos moldes do adestramento

A Mariña 13-8-18. A Xornada desenvolverase en horario de mañá e tarde e comezarán ás 9:30 h.
Durante a mañá abordaranse temas como o ciclo menstrual, a importancia do adestramento de forza e a alimentación como piar fundamental na esfera deportiva. Seguirase pola tarde cunha práctica de consciencia corporal, ademais de poñer sobre a mesa a dor durante a menstruación e análise da necesidade dun cambio.
Xorde esta Xornada trala constatación da desigualdade que se respira no ámbito deportivo, cargado de estereotipos de xénero, masculinizado e baseado nun modelo androcéntrico.
Fronte ao modelo tradicional elaboramos un proxecto innovador cunha óptica feminista.
Queremos cuestionar o que se está a facer neste momento, concienciar ás deportistas e tamén ás e ós profesionais que as rodean da importancia de traballar sobre propostas transformadoras baseadas nas características fisiolóxicas e anatómicas propias dos corpos das mulleres para evitar lesións e acadar o máximo rendemento posible.
A Xornada ten unha cota de inscrición de 10 € que se reduce a 5 para os tecidos asociativos do OMI e MUDEGA.
A inscrición formalízase a través da páxina web de MUDEGA e a través das redes sociais do OMI e de MUDEGA. O prazo para inscribirse pecha o 10 de setembro.

Exit mobile version