Site icon Crónica3.com A Mariña

O patio do Colexio nº 1 de Foz acolle ata o venres a XIII Semana do Teatro afeccionado. Todas as representacións están programadas para as dez da noite

Foz, 28 de agosto de 2018. O patio do colexio Nº 1 de Foz acolle desde este martes, ata este venres, día 31, a décimo terceira edición da Semana do Teatro Afeccionado, que organiza o Concello focense. Todas as representacións están programadas para as dez da noite.
Hoxe o grupo O Bordelo, de Cervo, representará a obra Depende, unha comedia da que é autor e director Francisco Piñeiro.
Mañá, mércores, a compañía Pico do Castro, de Foz, ofrecerá a obra Unha novela policíaca, comedia con guión, adaptación e dirección a cargo de Juan Villarino.
O xoves 30 o grupo O Centiño, de San Martiño, representará a obra El Guindilla, unha comedia da que é autor e director José Vázquez Peinó.
E o venres 31 a compañía A Adala, de Fazouro, ofrecerá a obra Elixir de xuventude, comedia dirixida por Ana Couto e María Antonia García Cayón.

Exit mobile version