Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro amosa a súa satisfacción pola aprobación das súas propostas no pleno de agosto

Viveiro 31 de agosto de 2018. O PP de Viveiro amosa a súa satisfacción porque no último pleno celebrado o 21 de agosto, as dúas iniciativas que presentabamos saíron adiante.
A primeira proposta de modificar a ordenanza fiscal 21 que regula o imposto de vehículos de tracción mecánica para introducir unha bonificación ós vehículos híbridos, eléctricos ou a gas, saiu adiante cos nosos votos e os do Psoe, mentres que Son Viveiro e Non adscritos se abstiveron. Queda pendiente esta modificación da convocatoria dunha comisión onde se fagan propostas para concretar estas bonificacións. Agardemos que o equipo de goberno local non a deixe no caixón do olvido, como fai con moitas das nosas propostas, e a convoque a maior brevidade posible para poder ter aprobada esta medida antes de que remate o ano e asi que entre en vigor no exercicio 2019.
A segunda proposta, de elaborar un plan anual de mantemento para a área Etnográfica de A Insua e pedir axudas a outras administracións – provincial, autonómica e estatal – para o suministro de corriente ó alumeado decorativo e dotala de auga potable, tamén prosperou. Asi, votáronse os dous puntos por separado, e no tocante o plan anual de mantemento saiu adiante cos nosos votos, abstiveronse o Psoe, Son Viveiro e un dos Non adscritos, mentres que votaron en contra dous dos Non adscritos. O segundo punto desta iniciativa, der pedir axudas a outras administracións, tivo os votos favorables do noso grupo, Son Viveiro e Non adscritos, mentres que o Psoe se abstivo.
So que da agardar nesta segunda iniciativa que se cumpla o aprobado e que por fin poidamos disfrutar dunha Área Etnográfica de a Insua en todo o seu esplendor e non ter que andar denunciando o lamentable estado de conservación e mantemento que presenta habitualmente como consecuencia da deixadez e a inacción do equipo de goberno municipal socialista. Deberían de ter moi presente que somos un Concello turístico e como tal debemos de cuidar a nosa imaxe para seguir sendo un polo de atracción durante todo o ano.

Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro PP de Viveiro

Exit mobile version