Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro lamenta o “sablazo municipal” ós veciños en materia de sancións de tráfico

Viveiro, a 30 de agosto de 2018. De autentico “sablazo municipal” ós veciños de Viveiro poderíamos calificar a actuación do equipo de goberno municipal socialista, ó comprobar os datos económicos referidos ós ingresos por multas de tráfico no ano 2017, onde se recaudaron por tal circunstancia 244.000 euros, un 77% máis que no ano 2016, onde a cifra, xa elevada, ascendera a 138.837 euros.

Este incremento notable non se traduciu en ningunha mellora na seguridade vial dos nosos veciños, dado que se siguen recibindo queixas por vehículos que circulan a excesiva velocidade por distintas zonas poñendo en risco ós peóns e a outros conductores, ou mesmo porque se producen atropellos de peóns con máis frecuencia da desexada.

Trátase pois dun afán recaudatorio puro e duro, o que nos leva a pensar de que a Sra. Alcaldesa ten dado ordes para incrementar a recaudación municipal por esta vía, posto que as normas de tráfico non mudaron e a contía das sancións tampouco.

Que non lles preocupa moito a seguridade vial xa eramos conscientes, porque senón non se entende que dende o pleno do 2 de outubro de 2014, onde a iniciativa do noso grupo, e aprobada por unanimidade, se propuxo crear unha comisión de estudio para mellorar a seguridade vial no noso Concello, a día e hoxe, casi catro anos despois, non se teña feito nada ó respecto.

Antonio J, Bouza Rodil
Voceiro PP de Viveiro

Exit mobile version