Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pregunta sobre a tala de árbores no parque

Viveiro 13 de agosto de 2018. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas e rogos sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

No pasado pleno do 6 de xuño o noso grupo formulaba unha serie de preguntas sobre a tala indiscriminada de árbores no parque Pernas Peón de Covas, non obtendo resposta sobre a maioría das mesmas. E por esta razón que nos vemos na obriga de voltar a formular algunhas destas preguntas xunto con outras que tamén esperemos se nos contesten, e que non ocurra como no pleno anterior onde se nos deu a calada por resposta a case todas.
Unha vez que quedou claro que non se utilizou ningún informe técnico que avalase esta “tala tola” de árbores, máis aló da opinión subxectiva do Concelleiro de Medio ambiente e a do maderista encargado de cortar e levar a madeira para o seu beneficio propio, de que non se adoptou ningunha medida fitosanitaria para atacar o problema da procesionaria e de que a única solución que se lles ocurriu para solucionar o problema foi quitar as árbores de en medio e polo que seguimos querendo obter respostas a algunhas das cuestións xa planteadas con anterioridade, por iso lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

1 – En base a que criterios se escolleu a empresa responsable da corta destas árbores?

2 – Cal foi o custe, si o tivo, da actuación desta empresa para as arcas municipais?

3 – Cantas toneladas de madeira se sacaron?

4 – Que cantidade obtivo o Concello pola venta da madeira cortada?

5 – Teñen xa elaborado algún informe técnico para a conseguinte repoboación?

6 – En caso afirmativo, por quen está elaborado?

7 – Cando teñen pensado levar a cabo dita repoboación?

Asi mesmo tamén queremos facerlle un ROGO, e é que para a próxima, en vez de actuar de motu propio, se asesoren con especialistas na materia e así poidan tomar as decisións máis axeitadas, antes de provocar coa súas actuacións danos irreparables que xa non teñen solución. Evidentemente todo o que sexa actuar por seguridade é indiscutible, pero tamén é indiscutible que as labores de conservación e mantemento – cousa que vostedes non fixeron – contribuen a elevar os niveis de seguridade.

Exit mobile version