Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE denuncia que os elevados prezos das prazas da residencia fanas inviables para os veciños de Cervo

Cervo, 7 de agosto de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE en Cervo, Francisco Mon Fernández, denuncio este martes os elevados prezos das prazas da residencia de Cervo, que están entre os 1.000 e 1.320 euros, así como os poucos veciños de cervo que están beneficiándose deste servizo. Fíxoo estas declaracións tras a visita do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a pasada semana, para inaugurar o novo centro de día e a residencia xeriátrica do Concello, situada en San Cibrao, e que está xestionada pola Asociacións Mensajeros de la Paz.

Francisco Mon censurou a actitude do Presidente da Xunta “que ven ao Concello de Cervo a sacarse a foto pero non é consciente da realidade dos maiores do municipio. Se non, non se explica que defenda o modelo de xestión implantado polo goberno municipal do PP que impide que os nosos maiores poidan acceder a este servizo, pois teñen as segundas pensións máis baixas de todo o estado”.

O Secretario Xeral do PSOE en Cervo criticou que “o Alcalde do PP anunciou como unha gran medida que terían prioridade os veciños de Cervo, pero polo que sabemos, non se están cumprindo as expectativas prometidas polo señor alcalde, pois das 32 prazas admitidas ata o momento na residencia, só 9 son cervenses, o resto son doutros Concellos e ata doutras provincias. Si se dotou ao Concello dunha residencia e centro de día de maiores, o lóxico e o normal é que estas instalacións sexan en primeiro lugar para os veciños onde se sitúa o centro. É fundamental que os nosos maiores sexan atendidos por profesionais preto das súas casas e das súas familias, para facer máis sinxela e levadía a súa estancia e o seu día a día”.

Dous modelos confrontados
Os socialistas defenden un modelo de xestión pública das residencias e de prazas para todos os lucenses con independencia da súa capacidade económica. Así o fai o Goberno do PSOE na Deputación coa construción dunha rede de residencias e centros públicos na provincia, garantindo que as prazas sexan para os veciños onde se sitúa o centro, para os da bisbarra e para lucenses en xeral, así como o acceso universal ás mesmas, incluíndo axudas públicas.

O PSOE na provincia de Lugo decidiu apostar por este modelo debido a escaseza de prazas públicas no conxunto do territorio lugués. Isto ven provocado polas políticas do PP que aposta pola privatización dos servizos a través de concertos en vez da xestión directa, o que con leva que Galicia teña o maior porcentaxe de prazas de residencias privadas para maiores e dependentes de todo o estado.

O PSOE ofrece atención profesional a máis de 20 maiores de Cervo
Francisco Mon destacou que “somos os socialistas dende o Goberno da Deputación os que achegamos 25.000 euros para a atención profesional a máis de 20 maiores a través do Servizo a Domicilio para non dependentes e a Teleasistencia gratuíta, pois a Xunta do PP négase a facelo. Dende o PSOE, as nosas prioridades son as de atender e mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, pois defendemos a igualdade de oportunidades, vivas onde vivas”.

Exit mobile version