Site icon Crónica3.com A Mariña

O punto limpo de Ribadeo permanecerá pechado os días 20 e 21 de agosto

Os días 20 e 21 de agosto o punto limpo de Ribadeo, situado en Ove, estará pechado ao público. Desde o Concello informan que debido ás obras de mellora que se están a realizar na pista de acceso a estas instalacións o punto limpo permanecerá cerrado durante eses dous días. O mércores, día 22, se as obras transcorren dentro da normalidade, volverá funcionar no seu horario habitual.

Exit mobile version