Site icon Crónica3.com A Mariña

Os mellores skaters de España estrean o bowl do Concello de Cervo

Cervo, 9 de agosto de 2018.- O Concello de Cervo, a través das delegacións de Deportes e Xuventude, organiza para a tarde de hoxe, en colaboración co Club Limosa Surf, unha exhibición de skate no bowl que vén de ser construído no Parque Reina Sofía, detrás da Casa do Mar, que está considerado polos amantes desta disciplina como a mellor de Galicia das súas características polos seus acabados, polas zonas dunadas que presenta e polos diferentes niveis que ten.

O evento deportivo, aberto ao público, terá lugar esta tarde entre as 16:30 e as 18:30 horas, e o público que alí se congregue poderá gozar dun gran espectáculo e da habilidade sobre o patín de Danny León, campión de España e considerado dos mellores do mundo, e Yago Domínguez e Cosme Portuondo, tamén moi recoñecidos a nivel nacional nesta disciplina.

Tal e como apuntou Villares, desde o Concello estamos moi satisfeitos co resultado desta obra que vimos de rematar, e que ademais estamos convencidos de que será un importante punto de encontro para a mocidade. Con esta nova instalación deportiva conseguimos achegar o deporte ao centro da vila, que gaña en modernida e presenta agora unha imaxe moito máis urbanita.

O rexedor recordou que este foi un proxecto recollido nos orzamentos de 2018, asumido integramente con fondos municipais.

A pista de Skate do Concello de Cervo, é das poucas homologadas que hai en Galicia para este tipo de competiciós e a única na Mariña destas características.
O rexedor sinalou que o o parque biosaudable urbano que está ubicado nesa zona do Parque Reina Sofía non verá alterado en ningún caso o seu funcionamento a raíz da instalación desta pista “porque a noso obxectivo pasa tamén por fomentar e promover a actividade deportiva e os hábitos de vida saudable entre os nosos maiores; conseguindo deste xeito que convivan diferentes ambientes e diferentes xeracións nunha mesma zona na que terá un importante protagonismo o ocio e o deporte”.

Exit mobile version