Site icon Crónica3.com A Mariña

Posta a punto das guerreiras

Burela 16-8-18. As xogadoras do Pescados Rubén Burela FS xa están inmersas na posta a punto para comezar en perfecto estado os adestramentos de pretempada, que arrincarán o vindeiro luns, 20 de agosto, ás 19.30 horas.

O primeiro destino foi esta mañá o Centro de Dietética e Nutrición Alba Vila. Entre hoxe e mañá, as Guerreiras Laranxas tamén terán toma de contacto co preparador físico, Pablo Díaz, e o fisioterapeuta, Christian Moreno, ademais dos recoñecementos médicos.

Para comezar con forza a pretempada, este sábado o equipo gozará dunha xornada de convivencia no Monte Castelo

Exit mobile version