Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do libro “Hai mulleres”

Viveiro 13-8-18. Este martes 14 de agosto, ás 9 da noite, terá lugar, dentro das actividades da Feira do Libro de Viveiro, a presentación do libro “Hai mulleres”, que conta con mais de 40 poemas de autores galegos e tamén do resto de España, as ilustracións do libro son do artista Otero Regal.
Trátase dunha edición de 350 exemplares que recolle un poemario e relatos, todos eles adicados á muller e cada ilustración foi feita expresamente para cada un dos textos.
E o domingo 19 de agosto, ás 20 horas, tamén será presentado na Feira do Libro de Foz
Hai Mulleres” é unha sintese entre o traballo colectivo de poetas, literatos e periodistas casteláns e galegos, ou polo menos que escriben en senllos idiomas aos que se lles pediu un texto relacionado co nome dunha muller, á invitación acudiron casi medio cento de escritores.
Esta publicación ten unha particularidade, pois é tamén o catalogo dunha exposición, do mesmo nome “Hai Mulleres”, que durante os meses de Xullo e Agosto, ocupará a capela de Santa Maráa da Deputación de Lugo para, posterioremente xirar por outras cidades do Estado.

Exit mobile version