Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do segundo open-quedada de pesca deportiva en Foz

Foz 29-8-18. O sábado 01 de setembro se as condicións climatolóxicas son favorables, a partires das 07:15 sairán dos portos Focenses 35 embarcacións de procedentes de: Burela, Foz, Ribadeo, e unha embarcación que se achega dende Santander, embarcacións que se apuntaron a esta quedada para gozar dunha mañá de pesca deportiva pola costa da Mariña.
O obxecto deste evento é o de fomentar a náutica e a pesca deportiva no noso pobo e na Mariña, para ilo sairase a pescar como calquera outro día, sin máis regras que as reguladas pola normativa para pescadores deportivos. Os participantes xuntaranse ás 13:30 na lonxa da cofrarí apara expoñer ó publico os peixes que durante a xornada fosen capturados, a xente que este día se achegue á lonxa de Foz poderá ver e preguntar polas distintas especies e saber de forma activa como é a pesca deportiva dende unha embarcación.
Máis tarde preto das 14:00 nas inmediacións da praza Conde de Fontao e coa colaboración do Concello de Foz, C.C.A Foz, El Castillo pesca de Ribadeo e Kukadas pesca de Foz, Spanish Lures e dos locais hostaleiros de Foz: o Muelle, A Rambla, Rente o Mar, Xoima e A Funcional, Repartiranse uns trofeos, agasallos e premios aos participantes do evento, con mencións destacadas como o premio “Lobo de mar” que se entregará ao patrón de embarcación máis veterano da xornada, ou a “A Pesquina” premio para a muller que mellor pesque. Tamén haberá un concurso fotográfico ligado ao evento. Para o remate da xornada hai programada un bo xantar para os participantes, costume da Asoc. Ribeira de Foz.

Animamos o publico en xeral que se acerque o Muelle de Foz este sábado para saber algo mais sobre a náutica e a pesca deportiva, un deporte para o que non conta o sexo, nin a idade, e no que a recompensa mais grande é nin mais nin menos que gozar do mar.

Exit mobile version