Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentado o Terras da Mariña Lourenzá para a tempada 2018/2019

Lourenzá 23-8-18. Os equipos mini, infantil e cadete levarán o nome un ano máis do patrocinador Terras da Mariña Lourenzá Sociedad Cooperativa Galega. No acto estivo unha vez máis a Alcaldesa Rocío López e o presidente Pablo Maseda; así como Alba Rodil, Manuel Varela e José Cuadrado; representando ó Terras da Mariña.
Ó fronte dos equipo Mini e Cadete estará Mariano de la Torre e o infantil será dirixido pola ex-xogadora de Nacional das Escolas Laura Fernández.
Inicíase así un novo proxecto onde os equipos non están pechados.
Todas as rapazas que naceron entre os anos 2008 e 2003 aínda están a tempo de incorporarse ós equipos, que comezarán a adestrar o vindeiro martes 2 de setembro.
O equipo mini competirá en deporte escolar mentres que o infantil e cadete sairán en Liga Provincial federada.

Exit mobile version