Site icon Crónica3.com A Mariña

Reabriu o punto limpo de Ribadeo, tras tres días de peche por mor das obras de mellora realizadas na pista de acceso

O punto limpo de Ribadeo abriu de novo hoxe as súas portas, tras permanecer pechado durante tres días por mor das obras de mellora realizadas na pista de acceso. Desde o Concello lembran que os horarios de funcionamento do punto limpo son de 9 a 13 horas e de 16 a 18:30 horas de luns a venres. E os sábados de 9 a 13 horas. O seu teléfono é o 647 869 176. A instalación está situada en O Valín, en Ove.

Exit mobile version