Site icon Crónica3.com A Mariña

Representación do milagre de San Gonzalo

Foz 20-8-18. Son uns cantos veciños de San Martiño os que, ano tras ano, a finais de agosto, soben ó alto da Grela durante a Festa Normanda e representan o famoso milagre de San Gonzalo, o Bispo Santo, afundindo os barcos normandos para salvar ós galaicos. Centos de persoas se xuntan arredor da representación para recrear dunha forma entretida e orixinal esta coñecida lenda.

Este ano o milagre ocorrirá de novo. O venres, 24 de agosto, sobre as 21,00 horas, non podes faltar á cita. Nesta ocasión a representación céntrase no milagre que a lenda lle atribúe a San Gonzalo para crear a famosa Fonte da Zapata, situada a carón da Basílica de San Martiño.

Ademais, hai outro motivo para achegarse ó alto da Grela: este ano o pregoeiro da Festa Normanda non será outro que no noso amigo e compañeiro José Ramón Vila, teatreiro e impulsor da cultura en Foz, sempre participativo e activo en toda festa e acto cultural, o eterno optimista. Seguro que vai dicir moitas cousas interesantes no seu pregón, que será, como xa dixemos, polas 21,00 horas.

Exit mobile version