Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo celebra as festas na honra de San Roque este xoves

O 16 de agosto o programa de festas dará comezo ás 11:30 horas coa saída dos Cocos e Cabezudos, que estarán acompañados polo grupo de gaitas Illa Pancha. Ás 12:30 horas celebrarase a misa solemne e a continuación terá lugar a procesión. Ao remate a Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de San Roque, na praciña do mesmo nome. A xornada festiva rematará coa verbena que estará amenizada pola orquestra Palladium e a discoteca móvil Blanco & Negro.

Exit mobile version