Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta de Kayak neste mércores da natureza no Vicedo

O Vicedo 13-8-18. Esta semana o mércores de natureza coincide con día festivo. Nesta ocasión organízase unha baixada do Río Sor en kayaks onde se poderá disfrutar de varias zonas con encanto como a zona de Ribeiras do Sor, a Illa de S. Martín, Creximil, Paso polas pontes sobre o Río Sor e Porto do Vicedo. O prezo é de 17€ por persoa e inclúe o desprazamento desde o porto do Vicedo ata o punto de partida da ruta, que rematará en dito porto. O punto de encontro é o porto do Vicedo ás 10h do mércores 15 de agosto e as anotacións deben facerse no teléfono 982 59 01 95.
Ademais desta actividade, durante a semana hai outras socioculturais, este luns farase a ruta nocturna aprazada a pasada semana polas choivas intensas do mércores. Será ás 22h na zona da praia de San Román (na zona de Casa Fanego). O xoves ás 21:30h na casa da cultura entregaranse os premios do I concurso de fotografía “turismo O
Vicedo. Por último, o venres 17 ás 16:30h na praia de Xilloi terá lugaro xa tradicional concurso de figuras de area con 4 categorías e premios para os 2 primeiros de cada unha delas (inscricións na propia praia).

Exit mobile version