Site icon Crónica3.com A Mariña

Venres, 20,30 horas: Asamblea de socios adultos seccións ciclismo, duatlon e triatlon das escolas de Lourenzá

Lourenzá 29-8-18. O vindeiro venres día 31 de agosto celebrarase a primeira asamblea de socios para establecer o borrador de funcionamento da nova sección para que logo sexa rectificada e aprobada pola directiva das Escolas Deportivas.

Será ás 20,30 horas na Casa de Xuventude de Lourenzá.
Rógase que todos aqueles interesad@s neste proxecto acudadan á cita para poder establecer e sentar unhas bases xenéricas coa participación dunha gran maioría. A nova sección centrarase en probas de ciclismo federadas así como marchas ciclistas de carretera e montaña, campionatos de duatlón na modalidade de sprint que teñen lugar en Galicia, Asturias e León así como no Triatlón que terá tamén a súa sección federada.

Ademais, antes ás 20 horas na Praza do Concello preséntanse xa co novo patrocinador os deportistas que xa están formando parte da sección de Ed Lourenzá Ciclismo. Son os deportistas de ciclismo, duatlon e triatlon que están formando parte da sección

Exit mobile version