Por parte da Concellería de Turismo do Concello de Viveiro, en relación ás visitas guiadas que ata este ano se viñan realizando polo Casco Histórico de Viveiro, ponse en coñecemento que dado o éxito acadado en edicións anteriores, este ano a maiores se realizan visitas a Celeiro, visitas á lonxa, Covas, cerámica Regal, así como rutas de sendeirismo polo paseo fluvial e Penedo do Galo. Debido á afluencia de interesados na súa realización, duplicouse a realización das visitas.