Site icon Crónica3.com A Mariña

Xubilad@s e pensionistas de Barreiros siguen incansables na loita por unhas pensións dignas

Barreiros, 9 de agosto 2018. Os pensionistas de Barreiros, acompañados por unha representación de Foz, siguen incansables xoves tras xoves na demanda da revalorización das pensións. Unha vez mais concentráronse hoxe diante do concello barreirense para esixir o cumplimento da táboa reivindicativa que venen defendendo xa desde o mes de marzo, ininterrumpidamente todas as semanas.
Hoxe fixeron fincapé novamente nesas reivindicacións que piden a derrogación das reformas laborais que provocaron esta situación, que demandan a actualización anual das pensións en base ao IPC, que a pensión mínima non sexa inferior ao SMI, e que se aprobe unha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas dos últimos anos, levadas a cabo polos gobernos socialista e popular.

Sinalan que a táboa reivindicativa que defenden é a única forma posible de conseguir garantir unhas pensións dignas e con poder adquisitivo e blindando o sistema público de pensións.
Advertiron tamén da información sesgada que dan os medios pro-gubernamentais, que agochan tamén cal é a realidade, pois o estado español dedica só un 11´5% do seu PIB ás pensións, cando Francia e Italia dedican un 15% e un 16%, e a media europea está arredor do 14%, polo que o estado non debe ter excusa para adicar un 15% do seu PIB ás pensións.

Explicaron tamén que a propia OCDE no seu último informe sobre pensións e salarios sinala que a revalorización das pensións tén que vir por un lado da man da mellora dos salarios e por outro lado da man dunha revalorización en función do IPC para polo menos non perder poder adquisitivo. “Curiosamente son as demandas que nós vimos facendo na nosa táboa reivindicativa e que os sucesivos gobernos parecen non querer entender, tal vez porque a comisión asesora da reforma das pensións en 2013 estaba formada por 12 membros dos que casualmente 9 estaban vinculados ao sector bancario e ao sector dos plans de pensións” concluiron.

Exit mobile version