Site icon Crónica3.com A Mariña

A Anpa do CEIP Castro de Ouro mercará libros de texto para os alumnos do centro

Alfoz 8-9-18. A Anpa do CEIP Castro de Ouro de Alfoz decidiu facerse cargo do banco de libros que no ano anterior xestionara o concello, asumindo os custes dos libros de texto para os socios da mesma. A decisión foi tomada debido a que o Concello de Alfoz non se fará cargo este ano do banco de libros por supostos “problemas técnicos”. Desde a Anpa indican que noutros concellos están a asumir este gasto e “nós debemos loitar por que perviva o noso centro” polo que “asumiremos o gasto para que as nosas familias estean en igualdade de condicións respecto a outros centros” indica Fernanda Casabella, presidenta da Anpa. Desde o colectivo informarán aos socios dos libros incluídos no banco. Ademais, indican que co inicio do curso se fará unha asemblea de socios na que se tratará, entre outros temas, a renovación da xunta directiva. 

Exit mobile version