Site icon Crónica3.com A Mariña

A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión á Festa do Marisco de O Grove con visita á illa de A Toxa o día 6 de outubro

A axencia de viaxes Augasantas organiza unha excursión á Festa do Marisco de O Grove con visita á Illa de A Toxa. Será o día 6 de outubro, sábado. A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo e o seguro de viaxe obrigatorio. O prezo é de 30 euros por persoa. Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

Exit mobile version